'A bela dormente' do Russian Classical Ballet volve a Pontevedra
Por Redacción
O Russian Classical Ballet volve en xaneiro a Pontevedra cun espectáculo de ballet que xa representou na cidade hai varios anos, o clásico de Pyotr Ilyich Tchaikovsky A bela dormente.
As representación terá lugar o próximo 3 de xaneiro no auditorio da sede de Afundación da rúa Augusto González Besada a partir das 20.30 horas e as entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.
A Russian Classical Ballet é unha compañía dirixida por Evgeniya Bespalova e formada por un elenco de bailaríns graduados polas escolas de danza de maior prestixio internacional como as de Moscova, San Petesburgo, Novsibirsk e Perm, cuxo obxectivo é o de preservar a tradición do ballet clásico ruso.
En Pontevedra xa representou clásicos como O Crebanoces ou O Lago dos Cisnes.
Baseado no conto A belle au bois dormant de Charles Perrault, este ballet considérase un dos máis emblemáticos da danza clásica. Os bailaríns Evgeniya Bespalova, no papel de Aurora, e Denis Karakashev como o Príncipe Desiré encabezan esta elegante produción con pezas como 'Rosa Adagio' e 'Grande Valse Villageoise', compostas por Tchaikovsky.
Relacionadas:
-
O Lago dos Cisnes, do Ballet Nacional Ruso, abre no teatro Afundación unha nova etapa con aforos ao 90 %
Por Redacción |
-
O Crebanoces cobra vida co Russian Classical Ballet en Pontevedra
Por Redacción |
-
O clásico nunca pasa de moda: o ballet 'O lago dos cisnes' conquista Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
'A bela durminte" do Russian Classical Ballet marabilla o público pontevedrés
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |