'A bela durminte" do Russian Classical Ballet marabilla o público pontevedrés
Unha das grandes partituras compostas por Tchaikovski, xunto con O lago dos cisnes e O quebranoces, fixo as delicias dos afeccionados á danza clásica. A representación de A bela durminte, a cargo do Russian Classical Ballet, logrou encher este xoves o auditorio de Novacaixagalicia en Pontevedra. E non era para menos ante o seu elevado nivel técnico e a presenza no espectáculo dalgúns dos mellores bailarines do país ruso.
Para abordar esta clásica obra, a compañía rusa coidou ata o máis mínimo detalle da súa produción, incluíndo tamén a dura selección dos seus integrantes, procedentes todos eles dalgúns dos centros máis recoñecidos do mundo. Á fronte de todos eles, Hassan Usmanov, director artístico e bailarín principal da compañía.
A bela durminte é a historia da princesa Aurora, condenada a morrer pola malvada hada Carabosse. Vendo a gravidade do feitizo, o hada das Lilas suavizou a maldición evitando que a princesa morrese, pero facéndoa quedar sumida nun profundo soño ata que fose espertada por un bico de amor.
Cen anos despois do decimosexto aniversario de Aurora e tras pincharse cun huso, de acordo ás palabras de Carabosse, un príncipe novo e galante aparece para cumprir o destino de facer desaparecer o encantamento.
O libreto orixinal de A bela durminte dura oito horas, pero neste caso reduciuse a un ballet de dúas horas repartidas nun prólogo e tres actos que rebosaron cor, fantasía e emoción. Todo iso nun espectáculo que, a diferenza do resto da obra de Tchaikovski, non só estaba recomendando para maiores, xa que combina partes serias con outras máis divertidas.
Relacionadas:
-
'A bela dormente' do Russian Classical Ballet volve a Pontevedra
Por Redacción |
-
O Ballet Nacional Ruso regresa a Pontevedra a ritmo de Tchaikovsky
Por Redacción |
-
A compañía de Víctor Ullate mostrará a súa visión de "El arte de la danza" no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Ballet clásico e patinaxe sobre xeo nun inesperado 'O Crebanoces'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Usmanov Classical Russian Ballet pon en escena 'A Bela Durminte' en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Russian Classical Ballet presenta a peza clásica 'A bela durminte' de Tchaikovski
Por Redacción |