36 leccións de cinema e moitos latexos na pantalla grande
Por Redacción & Mónica Patxot
A Edición 02 do festival Novos Cinemas, que se celebra en Pontevedra ata o vindeiro domingo, segue a centrar a atención no cineasta arxentino Matías Piñeiro, do que xa o martes se proxectou a súa última película, Hermia & Helena, para abrir o evento cultural. Este mércores, a sección Retrospectiva serviu para visionar El hombre robado e este xoves dará comezo un seminario impartido por el.
Matías Piñeiro comezará o seminario '36 leccións de cinema' cunha primeira xornada que se prolongará entre as 10.00 e as 14.00 horas deste xoves no salón de actos da facultade de Belas Artes de Pontevedra e que abrirá unha terceira xornada do festival que ten moito que ofrecer.
A programación deste xoves inclúe a proxección de Comienza y termina, de Bruno Delgado, dentro da nova sección Latexos ás 12.00 horas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Xa pola tarde, na sección Retrospectiva, o protagonista volverá ser Matías Piñeiro, que estará presente ás 17.00 horas no Teatro Principal cando se proxecte Todos mienten.
A sección oficial chega forte este xoves coa proxección ás 19.00 horas de Lumières d'ete, do francés Jean-Gabriel Péirot, e ás 22.00 hora será o turno de Occiental, do franco alxerino Neïl Beloufa. Ambas as dúas actividades serán no Teatro Principal e na primeira estará presente o seu director, mentres que na segunda o fará Idir Chender, actor do filme.
Este mércores, a sección oficial do festival atraeu o interese dun bo número de pontevedreses. Durante os vindeiros días, proxectaranse, nas súas diferentes seccións, un total de 40 películas procedentes de España, Arxentina, Francia, Estados Unidos, Portugal, Bulgaria, Italia ou Líbano. Na sección oficial haberá oito películas estreas en Galicia e unha novena inédita en toda España, todas elas presentadas en prestixiosos festivais e que foron moi ben recibidas pola crítica.
Relacionadas:
-
Máis de 2.500 persoas asistiron ás proxeccións do festival Novos Cinemas
Por Redacción |
-
A sétima arte ocupa a rúa
Por Diego Torrado |
-
RADIO.- Matías Piñeiro, en Novos Cinemas: "O diñeiro no cinema é moi perigoso. Nunca vén só"
Por Alejandro Espiño |
-
Matías Piñeiro preside no Principal a inauguración da Edición 02 de Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Este martes inaugúrase a Edición 02 de Novos Cinemas
Por Redacción |
-
Nove películas, todas inéditas en Galicia, competirán na Edición 02 de Novos Cinemas
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |