O conservatorio saca os instrumentos á rúa
Por Redacción
O programa 'Conservatorio na rúa' regresa como cada primavera e terá dúas citas esta semana coa praza do Teucro de Pontevedra, o mércores 31 de maio e o xoves 1 de xuño, ambas ás dúas ás 19.30 horas.
A actividade é unha iniciativa da Concellaría de Cultura e o Conservatorio de Música Manuel Quiroga que busca achegar a música a todos os públicos a través de actuacións nas prazas da cidade.
A primeira cita deste ano, o mércores 31 de maio, será a actuación das dúas bandas do conservatorio, a primeira baixo a batuta de Iago Lariño e a segunda dirixida por Jose Pérez. Ambas as dúas agrupacións están integradas por alumnos de grao profesional, das especialidades de vento e percusión.
O xoves 1 de xuño será o turno da Brass Banda, dirixida por Sebastián Magdalena, e dous quintetos de cámara tutelados por Francisco Mora.