Semana de concertos e portas abertas no Conservatorio Manuel Quiroga
Por Redacción
Dende este luns 22 de abril ata o venres 26, o Conservatorio Manuel Quiroga situado na Avenida Xoán Carlos I desenvolve, por segunda vez, as Xornadas de Portas Abertas. O alumnado poderá asistir ás clases polas que poida ter interese. Para iso, só deberán dirixirse á conserxería e alí lle entregarán un boletín no que aparecen especificados os horarios e especialidades ás que pode asistir así como as instruccións para facelo.
O prazo para matricularse para o novo acceso ao conservatorio será do 2 ao 10 do mes de maio.
Mañá, martes 23, ás 20:30 h. vai celebrarse o concerto dos gañadores do concurso David Russell (frauta, percusión, oboe) no auditorio do centro. A entrada é de balde.
Dende o mércores 24 ao venres 26 de abril, en horario de mañá van desenvolverán os concertos didácticos destinados aos colexios de Pontevedra e arredores. Asistirán preto de 1.800 escolares e non é posible acudir sen reserva.
O mércores 24, ás 17 h. vai abrirse a exposición de instrumentos de vento fratelli no auditorio do Conservatorio.
Durante as dúas semanas pasadas, os alumnos do centro realizaron o ciclo de concertos "O Conservatorio na rúa" con motivo do 150º aniversario. Participaron diferentes agrupacións, dende bandas a orquestras pasando por coros, grupos de cellos, acordeóns, rock... que ofreceron recitais na Praza da Verdura, Teucro, Ruinas de Santo Domingo ou na igrexa de San Bartolomeu.
Relacionadas:
-
O conservatorio saca os instrumentos á rúa
Por Redacción |
-
O Conservatorio volve sacar a música á rúa con catro concertos ao aire libre
Por Redacción | Creada e actualizada