Marlango, The Sadies, Delafé, De Vacas e Orquestra Os Modernos explorarán as mañás musicais
Por Redacción
A música será a protagonista das mañás dos primeiros sábados de cada mes no Teatro Principal a través do Ciclo As Matinés do Principal. Trátase dunha nova experiencia, que ten como obxectivo que as público interaccións coa cidade a través da súa gastronomía e a súa actividade comercial. Así o afirmaba a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, durante a presentación da programación deste ciclo.
Comezará o primeiro sábado de marzo, día 4, Marlango, a banda liderada pola cantante e actriz Leonor Watling subirá ao escenario do Teatro Principal para presentar o seu último disco, Delicatessen. Será a primeira vez que este traballo discográfico soe en directo en Galicia.
O 1 de abril, The Sadies, unha banda canadense de rock e country tamén presentará o seu recente lanzamento discográfico en Pontevedra. O primeiro sábado de maio, o día 6, as protagonistas serán De Vacas, unha banda galega divertida que achegará bo humor ao público que se achegue ata o Principal.
O 3 de xuño chegará outra banda referente do pop español, Delafé, que segundo apuntou o promotor deste ciclo, Carlos Montilla, fará que baile todo o público asistente.
O ciclo finalizará na mañá do domingo 4 de xuño coa Orquestra Os Modernos, acompañados pola formación Espiño. Ofrecerán tradición, festividade e alegría nunha mestura entre sons clásicos de Galicia e modernidade.
As Matinés estarán vinculadas coa organización doutro evento musical como Sétima Feira e locais da hostalería pontevedresa implicaranse neste proxecto ofrecendo descontos para os asistentes aos concertos.
As entradas xa se poden adquirir a partir deste mércores 1 de febreiro a través de Ataquilla. Os prezos das entradas anticipadas son de 14 euros para Marlango e The Sadies mentres que para o resto de concertos, o prezo sitúase en 12 euros.
Os menores de 14 anos contarán cun desconto do 50% da entrada. Con esta medida búscase que familias enteiras acudan a estes concertos que sempre se iniciarán ás 12.00 horas no Teatro Principal.
Relacionadas:
-
De Vacas promete un concerto para rir e cantar nas Matinés do Principal
Por Redacción |
-
As matinés do Principal vibran co enérxico rock de The Sadies
Por Alejandro Espiño |
-
A xira de The Sadies chega a España, con parada en Pontevedra o 1 de abril
Por Alejandro Espiño |
-
Marlango, unha 'delicatessen' para inaugurar as matinés do Principal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A xira máis íntima de Marlango chega a Pontevedra o 4 de marzo
Por Alejandro Espiño |
-
Futuros escritores terán a oportunidade "deconstruirse" no Obradoiro de Creación Literaria
Por Antía Fernández Buján |
-
O Pazo promete un 2017 "espectacular" para celebrar o seu vixésimo aniversario
Por Alejandro Espiño |
-
Macy Gray, por primeira vez en Galicia: actuará en Pontevedra o 7 de abril
Por Alejandro Espiño |