De Vacas promete un concerto para rir e cantar nas Matinés do Principal
Por Redacción
Volven as Matinés do Principal. Farano cunha das sorpresas máis agradables que nos deparou a música galega nos últimos anos, a banda De Vacas. Eles serán os encargados de, tal e como prometen, ofrecer un concerto para rir e cantar. Será este sábado 6 de maio, a partir das doce do mediodía, no Teatro Principal.
De Vacas é un cuarteto musical de guitarra e tres voces que fai versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia como Spice Girls, Enrique Iglesias, Michel Teló ou o Gangnam Style de Psy.
"Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar", sosteñen De Vacas, orixinal grupo galego que está a causar sensación con "eses temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca".
De Vacas rescatan para todos os públicos estes éxitos cun formato fresco e divertido co que emocionarse e rir a partes iguais.
O ciclo, patrocinado polo Concello de Pontevedra, conta ademais cunha rede de locais colaboradores que ofrecen descontos nas consumicións despois do concerto.
As entradas para o concerto están dispoñibles en ataquilla.com, a un prezo de catorce euros.
Relacionadas:
-
Delafé e a Orquestra Os Modernos despiden as matinés do Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A forza irresistible de Delafé, próxima cita coas matinés do Teatro Principal
Por Alejandro Espiño |
-
As matinés do Principal vibran co enérxico rock de The Sadies
Por Alejandro Espiño |
-
Marlango, unha 'delicatessen' para inaugurar as matinés do Principal
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Marlango, The Sadies, Delafé, De Vacas e Orquestra Os Modernos explorarán as mañás musicais
Por Redacción |