Berto Romero repite en Pontevedra o espectáculo de hai tres anos
Por Redacción
O auditorio da Sede Afundación Pontevedra acollerá, o vindeiro venres 11 de novembro ás 21.00 horas, o espectáculo teatral de Berto Romero e a súa compañía, Sigue con nosotros. Trátase do mesmo espectáculo que xa presentou en Pontevedra en outubro de 2013.
O cómico abordará, de novo, como a paternidade e madurez profesional transformárono, superando traumas pasados e desenvolvendo, como non podía ser doutro xeito, outros novos.
O espectáculo vira ao redor da figura do propio Berto Romero, quen estaba atravesando unha etapa complicada. A fama subíraselle á cabeza, os traumas que carrexaba desde pequeno polo seu aspecto físico e a tormentosa relación coa súa familia fixéranlle ir dando tumbos. Digámoslo claro: non estaba ben. Pero Berto volveu. Agora é un pai responsable, un cómico respectado e está a alcanzar a madurez.
A un paso de converterse en corentón, cre aprender algunhas boas leccións que quere compartir connosco. Superou os complexos e traumas que o atenazaron no pasado, e todo apunta a que está a desenvolver uns novos. Polo demais, segue obstinado en cantar e bailar e en explicar a súa vida. E a dos demais.