Un cento de funcións teatrais para celebrar o Ano Castelao
Por Mónica Patxot
"Neste Ano Castelao non podiamos deixar de lado o teatro porque sempre tivo moita importancia na vida de Castelao, que aínda que como autor só escribiu unha obra, traballou moito no mundo da escenografía e a prol da creación dun teatro galego", afirmou o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, na presentación da programación teatral incluída no marco do Ano Castelao.
Leal lembrou que xa a principios de ano, desde a Deputación se comezara coas efemérides relacionadas co autor cunha estrea teatral, coa versión en teatro de monicreques de "Os vellos non deben de namorarse" a cargo de Fantoches Baj. "Esta programación contempla tamén esta obra, neste caso a cargo de actores reais, por celebrarse este ano o 75 aniversario da estrea orixinal da obra en Bos Aires" sinalou o deputado.
Indicou que serán cinco as obras, a cargo doutras tantas compañías, que en total sumarán 90 actuacións e que presentan propostas escénicas moi diferentes.
- A compañía Limiar Teatro representará "A lingua na boca. Letras, Riscos e Pensamentos de Castelao".
- Teatro do Morcego levará a escea "Os vellos non deben de namorarse".
- "Retrincos de Castelao" é a proposta da compañía Culturactiva.
- Pola súa banda, Cándido Pazó escolleu como título da súa obra o texto dunha das estampas do álbum Nós "Que comerá o rei?"
- Migallas Teatro coa súa obra "Pegadas de Castelao" fará un espectáculo dirixido tamén aos nenos
Relacionadas:
-
O Ano Castelao guiou a actividade cultural de 2016
Por Mónica Patxot & Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
'Os vellos non deben de namorarse' abre o ciclo de teatro en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Ano Castelao chega ao Grove coa obra teatral 'A Lingua na Boca'
Por Redacción |
-
A Coral Polifónica pon música ao centenario da chegada de Castelao á cidade
Por Redacción |
-
Inauguran "Meu Pontevedra", a exposición que rememora os anos de Castelao na cidade
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Atopan ilustracións desaparecidas do álbum 'Nós', que se verán na nova mostra sobre Castelao
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Máis de 13.000 persoas visitaron a exposición Castelao Artista no Sexto Edificio do Museo
Por Redacción |
-
Peón, mire a esquerda, a dereita e abaixo. Estará Castelao
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Dez cadros de Castelao cobrarán vida durante a 'Noite dos Museos'
Por Redacción |