'Os vellos non deben de namorarse' abre o ciclo de teatro en Sanxenxo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8ad/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/581773a157-os-vellos-01.jpg)
© Teatro do Morcego
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0ab/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/581773d3be-0001sandra-fernadez-agraso.jpg)
© Concello de Sanxenxo
O 5 de novembro comezará o Ciclo de Teatro de Outono en Sanxenxo coa representación de Os vellos non deben de namorarse no Pazo Emilia Pardo Bazán da vila. A representación da obra de Alfonso R. Castelao a cargo da compañía profesional Teatro do Morcego chega a Sanxenxo da man do departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra e servirá para conmemorar ou 75 aniversario da estrea deste espectáculo, segundo explicou a concelleira de Cultura de Sanxenxo, Sandra Fernández.
Os tres sábados seguintes, o 12, 19 e 26 de novembro, serán os grupos de Sanxenxo os encargados de subir ao escenario as súas montaxes. O 12 de novembro, o grupo do Club de Xubilados de Portonovo representará Unha avoa a catro patas, calcetíns e garavatas, escapa que ven a Paca!.
O Club de Xubilados de Sanxenxo amenizará a tarde do 19 de novembro coa obra Saco Roto, unha comedia con música en vivo. O grupo de teatro Orballo ofrecerá Viva o Cuponazo, unha comedia de Rafael Mendizabal, o 26 de novembro.
Xa en decembro, o sábado 3 a actriz Isabel Risco e o actor Fran Rei ofrecerán Retrincos de Castelao, sobre a vida do ilustre galeguista combinando elementos cómicos e dramáticos.
E o domingo 11 de decembro finalizará o ciclo con Os Quinquilláns, que escenificarán Cousas, tamén de Alfonso R. Castelao.
Todas as obras son aptas para todos os públicos e comezarán ás 21 horas, agás o domingo 11 de decembro que se inicará ás 20.00 horas. Todos as funcións desenvolveranse no Pazo Emilia Pardo Bazán e o prezo das entradas será de 4 euros para os espectáculos profesionais e de 3 para os de afeccionados.