Banda Bassotti e Agoraphobia súmanse a un Armadiña Rock que non deixa de crecer
Por Redacción
O Armadiña Rock segue a crecer. Os seus organizadores non deixan de preparar a nova edición do festival e acaban de anunciar a incorporación de dúas novas bandas ao seu cartel: Banda Bassotti e Agoraphobia.
Banda Basotti é un referente do punk e do ska europeo. Os italianos son unha das bandas máis reivindicativas e conta con moitos seguidores no país.
Agoraphobia, pola súa parte, é unha das bandas emerxentes no panorama galego. Co seu primeiro EP, Dirty Little Things, resultaron gañadoras do VODAFONEyu Music Talent (2014). As boirenses mostran nas súas actuacións unha música moi enérxica onde mesturan o rock e indie.
Estas dúas novas bandas únense ás xa confirmadas de Siniestro Total, Terbutalina, Ses, The Lakazans, Tractor Troy e Nao.
A comisión organizadora do festival confirmará nos próximos días novas bandas que completaran a edición do 2016 do Armadiña Rock, que se celebrará en Combarro os vindeiros 26 e 27 de agosto.
Ademais, a asociación tamén se atopa traballando nas actividades complementarias que haberá na programación do festival.
Relacionadas:
-
O Armadiña Rock, listo para encher de música Combarro entre o 26 e o 28 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
"Brico Armadiña" o novo spot do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
Combarro celebrará do 24 ao 26 de agosto a XVI Festa do Mar
Por Redacción |
-
Sés, Nao e Tractor Troy súmanse ao cartel do Armadiña Rock 2016
Por Redacción |
-
Siniestro Total, Terbutalina e The Lakazans no Armadiña Rock 2016
Por Redacción |