Os Fest 2016 xa teñen oito finalistas e veranse as caras o 19 de marzo
Por Redacción
Alex Marban, Chirri Bom, Las líneas de Nazca, Nagai, Rap a golpe de beatbox, Rëisk, Stock e Wiseman son este ano os finalistas do Fest 2016, o concurso que organiza o Local de Música de Pontevedra -vencellado á Concellería de Xuventude- co fin de dar a coñecer ás bandas emerxentes e darlles unha oportunidade para desenvolver a súa carreira artística. A final será no Teatro Principal o próximo 19 de marzo.
Estes oito grupos foron elixidos este sábado polo xurado do concurso entre 23 aspirantes. A organización subliña que nesta edición, respecto a outras, hai máis bandas que concorren por vez primeira e que baixou a idade media dos participantes, novos por definición.
Na final cada un deles terá arredor de 15 minutos para presentar o seu espectáculo. Hai dous premios en xogo. Un outorgado polo xurado que é a gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual e outro que será por votación do público asistente e que consiste nunha actuación remunerada na cidade.
O Local Fest ten como obxectivos presentar á comunidad unha mostra da escena musical independente e emerxente nun espazo emblemático e representativo da cidade; ofrecer aos grupos noveis unha oportunidade paara darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística e ofrecer aos grupos participantes a posibilidade de acadar un material audivisual especial e relevante que apoie a súa estratexia de promoción.
Relacionadas:
-
Alex Marban e Stock gañan o Fest 2016
Por Diego Torrado |
-
Convocan unha nova edición do FEST, o concurso do Local de Música
Por Redacción |
-
Os Fest 2015 son para... The Soul Breakers e La Casa de los Ingleses
Por Diego Torrado & Natalia Puga |
-
Oito grupos musicais participarán o 11 de abril na nova edición do Fest
Por Redacción |
-
O Fest 2014 xa ten finalistas tras seleccionar 8 das 26 bandas participantes
Por Diego Espiño |