"Sanar la sociedad a través del arte". A Fundación Gesto programa actividades no Museo
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
O Museo de Pontevedra acollerá unha nova actividade na que a arte se pon ao servizo dunha causa social. Tras a exposición de Proxecto Home, agora é a quenda da Fundación Gesto cun grupo de nenos con Transtorno de Déficit de Atención e Hiperactividade (TDHA).
Trátase dunha proposta colectiva que, en palabras do seu promotor e presidente, o pintor Darío Basso, márcase como obxectivo "sanar la sociedad a través del arte". Para iso integra a artistas e arteterapeutas "para llevar esta medicina creativa a una sociedad que necesita un impulso de renovación e imaginación".
As salas do Museo acollerán dúas actividades. A primeira denomínase "O camiño da Serpe" e axudará a potenciar a comunicación social.
A Serpe, deidade da cultura yoruba que representa ao individuo, converterase en "una expresión colectiva donde la vida es una evolución para convertirse en individuo". Os nenos pintarán cos pés o corpo da serpe, "su camino vital", ao ritmo da música que marcarán golpeando con culleres de madeira cheas de pintura sobre obxectos cotiáns como cacerolas, tixolas ou táboas de lavar.
A seguinte actividade ten que ver cos Dereitos Humanos plásticos. A Declaración de Dereitos Humanos dos Nenos defende o dereito para ter unha identidade. "Este taller desarrolla ese concepto intentando aunar la colectividad como un ente", explicou Basso. Os participantes pintarán a súa silueta uns a outros de forma que constrúan un ente colectivo final, pero cada corpo, integrado co outro, será traballado en particular cos obxectos máis prezados e próximos a cada individuo.
Basso explicou que se pretende facer un xesto que orixine un cambio, insistindo en que a arte é terapéutico para os artistas, pero tamén para a sociedade.