Os Oscar e os Goya estarán moi presentes esta fin de semana en Bueu
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Centro Social do Mar de Bueu emite este sábado 27 de febreiro dúas curtas de importante relevancia internacional e nacional que os veciños de Bueu terán a oportunidade de visionar grazas a un avance do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), a partir das 20:00 horas.
O primeiro deles é Alles wird gut, un curto premiado no FICBUEU 2015 e que opta a ser vencedor na gala dos Oscar, que se celebrará este domingo en Hollywood. Aquí xorde a figura de Lea, unha nena á que o seu pai recolle para pasar a fin de semana coa secreta intención de levala lonxe, e que lle valeu a Julia Pointner o premio á mellor actriz no FICBUEU 2015.
Doutra banda, o curto de ficción gañador nos premios Goya 2016, El corredor, tamén será ofrecido polo festival buenense este fin de semana. O filme, galardoado co Premio do Público no pasado Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, conta a historia dun encontro entre un dos personaxes que sae a correr e un empregado seu que despediu hai uns anos.
O público poderá asistir ao Centro Social do Mar de Bueu de maneira gratuíta para o visionado destas curtas.