Lendakaris Muertos, Boikot, Heredeiros e Poetarras estarán no SonRías Baixas
Por Redacción
A organización do Festival SonRías Baixas agarda encher o Multiusos da Estacada, en Bueu, de música e de festivaleiros con ganas de troula. A última edición do festival conquistou en agosto de 2013 a 12.000 personas, que supuxeron para Bueu unha inxección económica de 830.000 euros
A cita é a primeira fin de semana agosto -sábado 5 e domingo 6- e xa está confirmada a presenza de dúas bandas de referencia no panorama rockeiro español e dous dos máximos expoñentes da provocación feita música en Galicia: Lendakaris Muertos, Boikot, Heredeiros e Poetarras.
Os míticos Lendakaris Muertos, máximos expoñentes do punk español máis gamberro e absurdo, regresan aos escenarios despois dun parón de dous anos e terán no SonRías Baixas a súa parada oficial no noroeste peninsular.
Os madrileños Boikot volven a Bueu, por aclamación popular, despois de arrasar na edición de 2013 coa súa enerxía e diversión revolucionaria; tamén repiten os Heredeiros da Crus, outra das bandas máis queridas do público do SonRías Baixas, nun dos poucos concertos de gran formato que ofrecerán este verán, despois de facer sold out en toda a súa xira de salas.
Pechan este primeiro avance os Poetarras, un colectivo “arterrorístico” especialista en crear cancións pegadizas e irreverentes que os teñen convertido nos seus poucos anos de vida nos máximos expoñentes da nova retranca galega.
A organización promete máis sopresas para as próximas semanas e pon xa á venda na súa web as primeiras 500 entradas a un prezo reducido de 18,50 euros máis gastos o abono dos dous días, coa acampada incluída. O prezo na billeteira será de 35 euros.
Relacionadas:
-
O SonRías Baixas enche Bueu ata o sábado de boa música e festivaleiros
Por Alejandro Espiño |
-
La Gran Pegatina, Vendetta, Chotokoeu e Gold & Colt completan o cartel do SonRías Baixas
Por Redacción |
-
Soziedad Alkoholika, La Vela Puerca, The Skarnivals e La Sra. Tomasa, ao SonRías Baixas
Por Redacción |
-
Atención festivaleiros! O SonRías Baixas regresa a Bueu os días 4, 5 e 6 de agosto de 2016
Por Redacción |