O Ministerio de Cultura acometerá unha reforma das cubertas da biblioteca pública
Por Redacción
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, administración titular da biblioteca pública Antonio Odriozola de Pontevedra, acometerá proximamente unha reforma nas instalacións da rúa Alfonso XIII para amañar o edificio e mellorar situacións como as gretas ou humidades que hai na actualidade no edificio.
A obra, para a que aínda non hai data, incluirá a reforma das cubertas e actuacións para pintar as instalacións, cubrir gretas e eliminar humidades, todo destinado a manterner as instalacións nas mellores condicións posibles e que se poidan garantir as condicións de temporatura e humidade necesarias para a correcta conservación dos fondos bibliográficos.
A biblioteca pública ten a súa sede na rúa Alfonso XIII desde o ano 1987 e na actualidade ten 24 traballadores. A biblioteca é titularidade do Ministerio, pero a súa xestión corresponde á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.