O rock vale máis de 300 euros
Por Redacción
A organización do Centolo Rock, unha actividade que estaba prevista para as XIII Xornadas da Centola, decidiu suspender a edición deste ano debido a que só dous grupos anotáronse para participar neste evento.
Tratábase dun concurso de bandas rockeiras que, segundo o propio Concello do Grove, non alcanzou a repercusión esperada e só dous grupos da zona inscribíronse para participar. Desta forma, poñerase unha revisión das bases para mellorar esta proposta para 2016.
Emma Torres Romay, a concelleira de Turismo e Cultura, sinalou que segundo as conversacións mantidas con persoas vinculadas ao mundo da música, a contía proposta para o premio que era de 300 euros, non resultaba o suficientemente atractiva para os grupos interesados.
Segundo a propia concelleira resultaba imposible achegar máis fondos este ano debido ao limitado orzamento desta edición. Desta forma, de cara ao ano próximo farase unha previsión máis adecuada para poder mellorar o aspecto económico.