A Banda Unión Musical de Tenorio celebra esta fin de semana o seu trixésimo aniversario
Por Redacción
A Banda Unión Musical de Tenorio vestirá as súas mellores galas para celebrar o seu trixésimo aniversario.
Para conmemorar o evento, prepararon dous días de celebración onde a música, a comida e o reencontro serán os protagonistas, e aos que están invitados todos os participantes, acompañantes, veciños e ex membros que se acheguen ata o Adro de Tenorio.
O sábado 26 comezará a celebración coa Gran Verbena de Bandas ás 21:30 onde actuarán as Bandas da Unión Musical de Tenorio, a Banda Municipal de Silleda e a Banda Popular de Muimenta. Pechará a noite o grupo musical Nueva Era.
Xa o domingo 27 terá lugar a xuntanza de ex compoñentes e amigos. Comezará a xornada ás 11:30 cunha misa en recordo dos músicos, socios e fundadores falecidos e ás 13:30 horas servirase unha comida de fraternidade.