Os escritores reflexionan en Pontevedra: "Para que(n) escribimos o futuro?"
Por Oskar Viéitez
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o vindeiro 26 de setembro o VI Congreso de Escritoras/es, actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co apoio do Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Cultura. É un encontro periódico cuxa finalidade é crear un espazo de reflexión sobre a situación do sistema literario no que estean presentes aqueles temas que preocupen a este colectivo.
Segundo explicou Cesáreo Sánchez Iglesias se constituirán seis grupos de traballo:
- Dereitos de autoría e profesionalización (Francisco Castro)
- A oralidade como soporte literario (Antonio Reigosa).
- O futuro da literatura dramática (Afonso Becerra)
- Novas formas de edición (Rosalía Fernández Rial).
- Lusofonia como renovada oportunidade (Carlos Quiroga)
- Formación de lectores/as (Ledicia Costas).
Ademáis se aproveitará a ocasión para presentar a nova web da AELG e haberá unha actuación aberta ao público do grupo: Xardín desordenado. Será ás 20 horas.