'E din que chove!', unha obra de Avelaíña Teatro para reflexionar e indignarse con humor
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
'E din que chove!' é a segunda obra que monta o grupo de teatro pontevedrés Avelaíña Teatro que, nesta ocasión, utiliza textos de Octavio Paz, Vanesa Sotelo, Alfonso Becerra de Becerreá, ademais de escenas elaboradas pola propia agrupación recollidas por Manuel Ayán. Con estas vimbias, Avelaíña Teatro presentará este xoves 17 ás 20.30 horas no Teatro Principal este espectáculo que ofrece unha chamada á reflexión e á indignación.
Durante este mércores 16 presentaron esta montaxe co que levan xa seis representacións acompañados pola concelleira de Cultura, Anxos Riveiro. Os integrantes, varios deles procedentes da docencia, explicaron que se trata dunha obra que recolle escenas sobre a actualidade con referencias á voracidade do sistema financeiro, á conduta dos sindicatos, ao programa político de Rajoy ou á rabia da mocidade ante a situación que atravesa.
A compañía tamén emprega música elaborada polos integrantes de Avelaíña, un colectivo formado por 18 membros dos que 11 interveñen neste espectáculo.
A entrada para a función no Teatro Principal ten un prezo de 3 euros.