Os Diplomáticos de Monte Alto, cabeza de cartel do Armadiña Rock 2015
Por Redacción
Xa se coñece o cartel para a edición deste ano dun evento asentado no verán das Rías Baixas: o Armadiña Rock 2015, que se desenvolverá o venres 21 de agosto a partir das 22.30 horas na Praza da Chousa, na localidade de Combarro, no municipio de Poio.
Os Diplomáticos de Monte Alto, liderados por Xurxo Souto, encabezan o cartel no que tamén figuran A Familia Caamagno, Recambios Tucho e o solista alternativo O Leo Arremecághona. O festival será gratuíto.
Ademais a organización ten previsto establecer unha zona de acampada destinada a todos aqueles que queiran pasar a zona neste ámbito turístico. Segundo avanzan os promotores do evento a acampada será libre e gratuíta na zona acoutada.
O cartaz deste ano foi elaborado por Andrés Dacosta de Menos e Máis.