Carlos Baute e La Guardia actuarán na Festa do Mar
Por Oskar Viéitez
A quinta edición XV da Festa Do Mar arrancará o próximo mércores cunha completa programación na que a música e a gastronomía teñen un papel destacado.
O concelleiro de Turismo, José Luis Martínez, destacou que o éxito deste evento vén garantido pola implicación de diferentes colectivos que coorganizan xunto ao Concello esta Festa do Mar, referíase ao Club mariño A Reiboa e á Asociación Armadiña, cuxos representantes José Luis González e Fran Acuña, acompañaron o edil na presentación do programa.
Entre as novidades deste ano está a inclusión dun pregoeiro, denominado "contramestre", aínda que a identidade da persoa elixida non se desvelará ata dentro duns días.
O mércores 19 de agosto, no peirao da Canteira en Combarro, abre a mostra gastronómica ás 13 horas, coincidindo coa estrea das Armadiña Sesións Vermú, que amenizará o aperitivo coa música do grupo Habelas Hainas. Pola noite, Los Antonis tocarán ás 21.30, antes do concerto de La Guardia na Chousa.
Para o xoves 20 está programada a actuación da Escola de Música Tradicional de Poio ás 13.30 no porto e ás 21 horas con Vides Novas. Pola noite, ás 23 horas na Chousa, concerto de Carlos Baute.
O venres 21, ás 13.30 horas terá lugar o concerto de Gold&Cold do Armadiña Sesións Vermú, e ás 17 horas, coincidirá a chegada das embarcacións tradicionais co Armadiña Kids na escola do Campo. Tamén pola tarde, o PoioEscena sae ás rúas do conxunto histórico para representar "Entremeses entre Masas". Ás 20 horas proxectarase un documental sobre os galeóns na Carpa Mariñeira e ás 21 horas, na Taberna Mariñeira celebrarase a terceira mostra da canción mariñeira. Para completar a xornada ás 22.30 darán comezo os concertos do Armadiña Rock, cos Diplomáticos de Monte Alto, Familia Caamagno, Recambios Rucho e Leo Arremecaghona.
O sábado 22 pola mañá terá lugar a navegación libre de embarcacións tradicionais e a actuación de Pandeiromus na sesión vermú. Ás 16.30 horas empeza a regata Muruxa a remo e ás 17 horas, a vela. Ás 19.30 horas haberá unha conferencia de Xeopesca e posteriormente un documental sobre a recuperación da mariña na Carpa Mariñeira. Ás 21 horas celebrarase a terceira edición da Mostra dá Canción Mariñeira na taberna mariñeira antes da verbena da orquestra América.
Finalmente o domingo 23, a partir das 11.30 horas será a XX Concentración de Embarcacións Tradicionais. Na sesión vermú actúan The Lákazans e ás 19 horas comanzará o certame de bandas de gaitas na Chousa, coa clausura da terceira Mostra dá Canción Mariñeira e o peche da festa coa orquestra "The Boys Machine" na Chousa ás 22 horas.
Relacionadas:
-
Os vellos rockeiros tamén foron nenos
Por Redacción |
-
Rock e ecoloxía van da man aos concertos do Armadiña
Por Redacción |
-
Os Diplomáticos de Monte Alto, cabeza de cartel do Armadiña Rock 2015
Por Redacción |
-
La Guardia completa o cartel da Festa do Mar de Combarro
Por Redacción |
-
Carlos Baute actuará o 20 de agosto no Festa do Mar de Combarro
Por Redacción |