A Filarmónica organiza no Teatro Principal un recital do prestixioso pianista ruso Sergei Yerokhin
Por Redacción
O Teatro Principal acollerá este luns 27 de abril, a partir das 20.30 horas, un novo concerto organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra. Nesta ocasión, ofrecerán un recital do pianista Sergei Yerokhin, un dos músicos de maior talento de Rusia.
No seu concerto en Pontevedra, Sergei Yerokhin ofrecerá un programa integramente dedicado ao compositor Franz Liszt, e que inclúe a súa famosa Sonata en Si menor, así como as Reminiscencias sobre as óperas Norma e Don Giovanni.
Recoñecido como un pianista de gran categoría e un dos máis brillantes da súa xeración, Sergei Yerokhin actuou nas máis prestixiosas salas de concerto de todo o mundo, como Wigmore Hall de Londres, Herkulessal de Múnic, Teatro Colón de Bos Aires, Gran Sala Verdi de Milán, Moscow International Perfomance Arts Center, Filharmónica de San Petersburgo, Palau da Música de Barcelona ou o Teatro Real de Madrid, entre outros.
Os seus recitais e actuacións como solista foron gravados e retransmitidos por radios e televisións de Rusia, Alemaña, Polonia, Francia, España e Australia.
Ao longo da súa carreira, ademais, foi premiado en máis dunha quincena de concursos internacionais e colaborou coas orquestras filharmónicas e de cámara máis importantes do mundo.
Relacionadas:
-
Parada pontevedresa do cuarteto neoyorkino Brentano na súa nova xira por España
Por Redacción |
-
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, en concerto
Por Redacción |
-
Pablo Ferrández, un violoncelista de 24 anos, protagonista do concerto da Filharmonía de Galicia en Pontevedra
Por Diego Torrado |
-
O Cuarteto del Pino ofrece obras de Schumann e Brahms este luns no Teatro Principal
Por Redacción |