Pablo Ferrández, un violoncelista de 24 anos, protagonista do concerto da Filharmonía de Galicia en Pontevedra
Por Diego Torrado
A Real Filharmonía de Galicia volveu triunfar en Pontevedra. O auditorio da sede de Afundación na cidade acolleu este xoves un novo concerto desta formación que, nesta ocasión, estivo dirixida polo seu director honorífico Antonio Ros-Marbà.
Centos de pontevedreses gozaron con esta actuación, que se enmarcaba dentro do convenio asinado por Afundación, a Sociedade Filharmónica de Pontevedra e o consorcio da cidade de Santiago.
O conxunto sinfónico compostelán ofreceu en Pontevedra dúas obras do compositor checo Antonin Dvorák: o concerto para violoncelo e orquestra en Si menor, opus 104; e a Sinfonía n.º 7 en Re menor, opus 70.
Un dos atractivos especiais desta actuación foi que no concerto para violoncelo actuou como solista Pablo Ferrández. Nacido en Madrid en 1991, este novo intérprete está considerado como un dos violonchelistas máis sobresaíntes do actual panorama musical internacional.
Como curiosidade, Pablo Ferrández tocou un violoncelo Stradivarius Lord Aylesford, que data de 1969, grazas á Nipon Music Foundation.
Relacionadas:
-
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, en concerto
Por Redacción |
-
A Filarmónica organiza no Teatro Principal un recital do prestixioso pianista ruso Sergei Yerokhin
Por Redacción |
-
Máis de 40 bailaríns, músicos e cantantes traen a Pontevedra as vibrantes danzas cosacas rusas
Por Redacción |
-
Afundación acolle un concerto con pezas de Dvorák de la Real Filharmonía de Galicia
Por Redacción |