Alicia no pais das marabillas e a teoría cuántica
Por Redacción
Estudou Dereito, pero dende hai uns anos a súa vida tomou o rumbo da imaxinación, algo lóxico tendo en conta que os seus pais teñen unha libraría especializada en libros infantís depregabres.
A vallisoletana Rosana Largo Rodríguez visitou esta fin de semana o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, no Pazo da Cultura, onde ela ocupa un lugar privilexiado coa exposición De la ciencia a la ficción, formada por seis estruturas que representan outros tantos contos clásicos: Pinocho, Carapuchiña Vermella, O mago de Oz, Os tres porquiños, Alicia no país das marabillas e As viaxes de Gulliver. Este espazo está a ser un dos máis exitosos desta edición da cita coa lectura.
Compagino el mundo del cuento con el de la ciencia, afirma Largo, que explica que, por exemplo, no de Alicia axuda a entender aos nenos a teoría cuántica, mentres que no de Carapuchiña, o do mimetismo e a camuflaxe.
Para iso, a artista utiliza materiais en desuso como o veludo ou camafeos, difíciles de atopar aquí, polo que recorre ao mercado estranxeiro. La idea es que cada estructura tenga un aire retro para hacer alusión a las épocas barroca y victoriana, en las que los cuentos clásicos tienen su mayor apogeo, sinala.
A perfección de cada peza exposta no Salón do Libro é tal que Rosana Largo recoñece que é preciso un ano para lograr o resultado desexado de cada historia: Algunas tienen detrás un trabajo muy sofisticado, ya que incluso incorporan poleas para el movimiento. O seu prezo, asegura, pode chegar aos 10.000 euros.
Alicia no país das marabillas, a súa favorita, foi a primeira que realizou, xa con vistas a ser exposta no Museo del Cuento de Valladolid. Dende entón leva creadas preto de 25 deste estilo.
Es una profesión muy agradecida, porque el público es infantil y lo más gratificante es verlos disfrutar, asegura sorrindo mentres a rodean numerosos nenos ante a súa exposición, que se pode visitar no Salón do Libro ata o 28 de marzo.
Relacionadas:
-
O Salón do Libro chega ao seu ecuador acadando as 19.000 visitas
Por Redacción |
-
Pep Bou, o mago das pompas de xabón, asombra ao público pontevedrés no Salón do Libro
Por Redacción |
-
"A guerra dos números", teatro e música cheos de humor no Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Mónica Patxot |
-
"Teño intentado escribir en castelán, pero só sei escribir en galego"
Por Redacción |
-
O Pazo da Cultura abre as súas portas de par en par á ciencia e á ficción
Por Mónica Patxot |