Pep Bou, o mago das pompas de xabón, asombra ao público pontevedrés no Salón do Libro
Por Redacción
Poucas veces un espectáculo amosou tanta beleza como o que protagonizou o mimo catalán Pep Bou no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
O artista, un dos máis recoñecidos do panorama nacional, non quixo perderse esta cita cultural que se celebra no Pazo da Cultura e o Recinto Feiral ata o próximo 28 de marzo.
E para iso, deseñou unha montaxe especial e única para Pontevedra, acorde coa temática que o salón ten este ano Da ciencia á ficción.
Tratouse de A pel da auga, un desafío artístico que buscaba a beleza que se agocha nas pompas de xabón, compartindo escenario con elementos innovadores, proxeccións e moita luz.
Foi un espectáculo que estaba aconsellado para nenos a partir dos catro anos, pero que atrapou a todo o público pontevedrés nas dúas sesións que se realizaron, na mañá e na tarde deste venres.
Relacionadas:
-
Tropa de Trapo estrea en Pontevedra "O ritmo do camiño", un novo episodio das aventuras de Antía e Wamba
Por Mónica Patxot |
-
Máis de 11.000 persoas visitan o Salón do Libro Infantil e Xuvenil durante a súa primeira semana
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Chévere presenta a obra O circo atómico das irmás Faynman no Salón do Libro
Por Redacción |
-
"A guerra dos números", teatro e música cheos de humor no Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Mónica Patxot |
-
Alicia no pais das marabillas e a teoría cuántica
Por Redacción |