A quinta edición dos 'Concertos en Familia' pecha cunha asistencia media do 95%
Por Redacción
A quinta edición do ciclo de carácter infantil e familiar, Concertos en Familia, pechou este domingo co seu derradeiro espectáculo: O Crebanoces da Banda de Música de Pontevedra con monicreces de Larraitz Urruzola. Un éxito de asistencia tal e como ocorreu cos restantes espectáculos, acadando unha asistencia media do 95%.
Un ano máis o fio conductor foi a música e con ela, a colaboración habitual da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra nos dous primeiros espectáculos e, por primeira vez neste ciclo, a da Banda de Música de Pontevedra na outra metade. Como sempre un traballo excepcional que fixo as delicias de familas e tamén de centros escolares que puderon gozar das función concertadas.
A primeira representación do programa tiña lugar o 12 de outubro con Vai de Mozart, un espectáculo deseñado para este ciclo pola Filharmónica, baseado no conto dos irmáns Grimm e co traballo de Judith Rey como narradora, que a piques estivo de colgar o cartel de non hai entradas. Ao día seguinte, a acollida por parte dos centros escolares foi igual de boa e nenos de Pontevedra, Lérez, Mourente e Campañó gozaron da funcións concertadas.
O 2 de novembro chegaba O gato con botas que completou o seu aforo tanto na función para público familiar como na escolar. Música novamente da Filharmónica acompañada pola narradora Olalla González e as ilustracións de Marc Taeger.
As colaboracións da BMP iniciáronse con terceiro espectáculo, a estrea absoluta dos monicreces de Fantoches Baj Pedro e o lobo o 23 de novembro. Novamente, ocupáronse as 434 butacas do Principal na única función de carácter familiar.
A valoración polo tanto do ciclo en xeral e de cada un dos espectáculos por separado foi máis que positiva, acadando unha asistencia media do 95% tanto nas funcións para público en xeral coma as dos centros escolares.
Logo de cinco edicións, o ciclo está consolidado na nosa cidade e tanto as familas como os centros de ensino consideran que é unha fabulosa oportunidade de educar o oído musical dos nenos dende moi novos, sentando as bases do que logo se convertirá nun excelente público adulto non só no ámbito musical, senón doutras disciplinas artísticas coma o teatro ou a danza.
Relacionadas:
-
Propostas "novidosas" e unha aposta por "músicos do país", claves do novo ciclo de butacas da BMP
Por Alejandro Espiño |
-
O Seminario Permanente de Jazz e a BMP póñenlle música ao Nadal
Por Redacción |
-
Monicreques e música únense para ofrecer unha nova versión de 'Pedro e o lobo'
Por Diego Torrado |
-
A familia volveu gozar xunta da música da man da Filharmónica
Por Diego Torrado & Natalia Puga |
-
De Mozart a O gato con botas: nova cita este domingo co ciclo Concertos en Familia
Por Redacción |
-
E ti, fuches de Mozart?
Por Diego Torrado |
-
Mozart, o Quebranoces e dous contos clásicos, propostas da quinta edición de Concertos en Familia
Por Alejandro Espiño |