"9 ondas" de Simone Saibene, primeira película da rede 'Cinemas de Galicia' en Sanxenxo
Por Redacción
9 ondas de Simone será a película que inaugure en Sanxenxo o programa Cinemas de Galicia, unha iniciativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que busca crear unha rede municipal de exhibición cinematográfica que permitirá aos espectadores poder gozar de sesións fílmicas a un prezo único de tres euros.
En total, o Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán exhibirá dende o domingo e ata final de ano seis películas.
Esta iniciativa estrearase o domingo coa proxección de 9 ondas, de Simone Saibene, a partir das 19.00 horas. O sábado 6 de decembro, ás 20.30 horas, poderase ver Arraianos, de Eloy Enciso; o 13 de decembro, tamén ás 20.30 horas, O ouro do tempo, de Xavier Bermúdez; o día 21, ás 19.00 horas, A cicatriz branca, de Margarita Ledo Andión; o venres 26, ás 20.30 horas, Stockholm, de Rodrigo Sorogoyen; e o martes 30, ás 17.30 horas, La tropa de trapo en la selva del Arco Iris, de Álex Colls.
Este programa está xestionado a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e busca complementar a oferta dos circuítos comerciais. Nesta fase inicial, Sanxenxo é o único municipio pontevedrés que participa nesta rede de exhibición.
Relacionadas:
-
"Ida", Oscar á mellor película estranxeira, abre unha nova edición do circuíto Cinemas de Galicia
Por Redacción |
-
Simone Saibene e a actriz Isabel Risco presentarán a película "9 ondas" no Teatro Principal
Por Alejandro Espiño |
-
Sanxenxo aposta polo cine galego: será pioneiro do circuíto 'Cinemas de Galicia'
Por Redacción |