Tres prazas para tres premios de pintura rápida
Por Redacción
Raúl Gil, Beatriz Seijo e Alberto Falcón resultaron os gañadores do segundo Certame de Pintura Rápida Cidade de Pontevedra.
Os premios entregáronse na noite deste mércores 22 no Liceo Casino coa presenza da deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, ademais do decano da facultade de Belas Artes, Juan Carlos Meana, e o presidente do PP local, Jacobo Moreira.
A este certame presentáronse nesta edición un total de 66 artistas que realizaron traballos pictóricos sobre as prazas da Estrela, A Verdura e A Ferraría. De entre todas estas obras, 34 foron seleccionadas para unha mostra que permanecerá aberta no Liceo Casino ata o 31 de outubro. O 40% do que se obteña coa venda dos cadros expostos será destinado a unha finalidade benéfica.
Este concurso está organizado polo Rotary Club e polo Diario de Pontevedra.