Trazos de pintura rápidos e solidarios co Rotary Club inundan a cidade
Por Redacción
As rúas e prazas de Pontevedra inundáronse este sábado de lenzos, cabaletes e pinceis. Un total de 66 artistas responderon á chamada do Rotary Club para participar no Certame de Pintura Rápida Cidade de Pontevedra, que este ano chegou á súa segunda edición con 20 participantes máis que na súa estrea en 2013.
Tras percorrer distintos puntos da cidade para retratalos e inmortalizar nos seus lenzos, os participantes déronse cita pola tarde na praza da Peregrina para mostrar as súas obras.
A causa da chuvia que caía dende primeira hora da tarde, víronse obrigados a situarse nos Soportais en lugar de ocupar o centro da praza, pero foi igualmente atractivo para os numerosos cidadáns que se achegaron a percorrer as distintas obras.
O mesmo percorrido o fixeron os membros do xurado, que seleccionaron 34 das obras para incluílas na exposición que se celebrará no Liceo Casino entre o 22 e o 31 de outubro, e na que se darán a coñecer os gañadores.
A organización, na que participan o Rotary Club e o Diario de Pontevedra, repartirá 2.600 euros en premios para os artistas gañadores. Ademais, de todos os cadros vendidos, o 40% do seu importe será doado a unha entidade benéfica.
Relacionadas:
-
A SD Teucro e a Asociación de Déficit de Atención e Hiperactividade, premiados polo Rotary Club
Por Redacción |
-
Seis artistas amosarán ao público o seu proceso creativo e interactuarán con eles na Ferrería
Por Alejandro Espiño |
-
Tres prazas para tres premios de pintura rápida
Por Redacción |
-
Un certame artístico do Rotary Club encherá A Ferrería de 'pintores rápidos'
Por Redacción |