O trompetista Rubén Simeó crea canteira na Banda de Música de Salcedo
Por Redacción
Rubén Simeó é un trompetista vigués de 22 anos que con tan só 12 actuou como solista coa Orquestra Sinfónica de RTVE e co paso do tempo se converteu en concertista e solista da Holencours Soloist Chamber Orchestra belga. Agora reside en Madrid pero encontrou un oco este verán para achegarse por Pontevedra e ofrecer durante este xoves 14 a partir das 21.00 horas na Praza da Ferrería un concerto acompañado pola Banda de Música de Salcedo.
Rubén móstrase feliz por esta volta á súa provincia: "Estoy encantado. Ando mucho de viajes y hacer un concierto cerca de Vigo, de mis familiares y amigos, me encanta". Será un concerto con música española, pezas clásicas e virtuosas de jazz que o músico cre que resultará moi atractivo para os afeccionados: "Siempre que se hacen conciertos con una banda en la que no son todos profesionales a la gente les gusta mucho porque resulta muy ameno y la gente del público, cuando empiezas a tocar las piezas, las suele conocer" afirma o solista.
Para levar a cabo ese concerto na noite deste mércores, o trompetista e a Banda de Música de Salcedo realizarán un ensaio previo. Un grupo dunha ducia de mozos integrantes da agrupación pontevedresa está participando na masterclass que Rubén Simeórealiza durante esta xornada no Auditorio da Cidade infantil Príncipe Felipe para formar músicos de instrumentos de vento: "trato de enseñarle los ejercicios que me han ayudado a estar cómodo con la trompeta y que te dejan en buen estado para interpretar un concierto o una audición".
Desta forma, os mozos realizan escalas e arpexos baixo a atenta mirada de Rubén que xustifica o seu éxito como solista no método empregado polo seu pai dende que era neno: "empecé a los seis años con la trompeta. Mi padre fue profesor del Conservatorio de Vigo y dirigía la banda do Rosal y, desde muy pequeño, siempre me ponía de pequeño ante la banda para tocar solos y no ponerme nervioso. Eso ha hecho que me ponga delante de miles de personas sin ponerme nervioso" asegura con orgullo.
No traballo que realiza durante esta xornada cos mozos confía en que algúns deles poidan converterse en músicos profesionais: "Galicia últimamente es la mejor cantera de España tanto a nivel musical como de bandas de música. Antes solo destacaba Valencia y ahora las bandas que van a los certámenes obtienen muy buen nivel y están ganando". A causa desta mellora encóntraa no traballo que desempeñan os conservatorios e as escolas de música que poñen en marcha cada unha das bandas galegas.
Alfredo Sánchez, director da Banda de Música de Salcedo, afirma que no caso da súa Escola de Música que conta con 190 alumnos seguen sufrindo o esquecemento das institucións: "No tenemos espacio para dar clases en la escuela". Neste sentido, David Abal, director desta escola, indica que contan con catro aulas nunha casa antiga que se adaptou pero que "en la mayoría de las ocasiones nos encontramos en una situación precaria". A partir do 1 de setembro iniciarán a actividade didáctica coa posibilidade de matricularse ao longo do curso.