Os Novos Valores xa expoñen no edificio Sarmiento
Por Redacción
Ata o próximo 31 de agosto poderase visitar no edificio Sarmiento a exposición Premios Novos Valores 2014, no que a Deputación de Pontevedra mostra as obras premiadas e todas as seleccionadas neste certame artístico convocado anualmente pola institución. A exposición foi inaugurada este venres.
Exhíbense nela os 29 traballos seleccionadas polo xurado de entre os 99 que se presentaron ao certame, no que puideron participar con obras inéditas artistas naturais ou residentes da comunidade autónoma galega que non tivesen sido premiados nunha edición anterior. Trátase de artistas, entre outros, nas modalidades de pintura, escultura, debuxo, gravado e fotografía.
Os galardoados nesta edición, na que se incrementaron o número de premios, foron:
- Primeiro premio para Marcos Jesús Covela Mira, por Reverso (4.000 euros)
- Segundo premio para Iñigo Almeida Estévez, por ÿ Fío (3.000 euros)
- Terceiro premio para Iria Cortizo Franco, por El almuerzo desnudo; e Rodrigo Dromínguez Rodríguez, por Estudo dun desfeito # 1 (2.000 euros cada un)
- Cuarto premio para María González Sánchez, por Bomba; Arantza Pardo Barbeito, por Chaos Study; e Elías Alberto Pintos Arís por Simulación 10/12/2013 (1.000 euros cada un)
- O premio Silverio Rivas recaeu en Ventura Alejandro Pérez Suárez, por A cidade neutra (3.000 euros)
O xurado, presidido pola deputada Ana Isabel Vázquez, estivo integrado polos artistas Ángel Cerviño López, Almudena Fernández Fariña e Alex Vázquez-Palacios Gómez; Fátima Cobo, coordinadora de exposicións do Museo; Alberto González-Alegre Burgueño, comisario de exposicións e crítico de arte; ou Marta Lucio Gómez, directora do Museo do Mar de Galicia.
Todas as obras expostas foron recollidas nun catálogo dixital que se poderá descargar na páxina web do Museo de Pontevedra.