Os máis creativos e innovadores reciben os seus premios provinciais
Por Mónica Patxot
Os premiados pola Deputación polo seu labor cultural e de investigación durante o ano 2013 recibiron os galardóns durante un acto de entrega que se desenvolveu na institución provincial. O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, participou neste evento destacando a calidade destas manifestacións creativas que, a través destes premios, comezan a soar "hoxe nacional e internacionalmente".
Os premios á investigación 2013, orientados a promover a xeración de coñecemento científico na provincia, outorgándose en diferentes categorías: os galardóns ás teses de doctoramiento en Humanidades e Ciencias Sociais foron para ÿscar Briones e para Olalla López polos traballos 'Factores determinantes na construción da Fundación de recursos humanos autonómica' e por 'Antropoloxía dos restos óseos humanos de Galicia'.
Nos casos das teses de doctoramiento en Ciencias e Tecnoloxía foron recoñecidos Patricia Sanmartín, Antonio José Vázquez e Nuria Sánchez.
O premio aos novos investigadores en Humanidades e Ciencias Sociais recaeron en Sonia Otero e en Alberto Sánchez, mentres que o de Ciencia e Tecnoloxía foi para Pedro Arias Sánchez.
PREMIOS CULTURAIS
En canto aos galardóns para os Novos Valores de Artes Plásticas, o xurado recoñeceu a creatividade de Marcos Jesús Covela que obtivo o primeiro premio pola súa obra 'Reverso (2014) ' Iñigo Almeida por 'O Fió' Rodrigo Domínguez e Iria Cortizo, terceiro permio, por 'Estudo dun desfeito #1' e 'O xantar nu'. O cuarto premio foi para Arantza Pardo por 'Chaos Study' María González, por 'Bomba' e Elías Alberto Pintos, por 'Simulación 10/12/2013'.
O premio á cultura que recoñece a traxectoria artística foi para Silverio Rivas Alonso, escultor de recoñecido prestixio, foi para Ventura Alejandro Pérez polo seu traballo 'A Cidade Neutra'. Pola súa banda, Elena Colmeiro recibiu o galardón pola súa traxectoria cultura.
A Asociación Cultural pola Creación Artística Enfoques levouse o premio ao proxecto cultural máis innovador e vangardista. Mentres que o de Protección e Recuperación do Patrimonio Público e Arquitectónico foi para o Concello de Barro polo seu labor de recuperación e dinamización.
Finalmente, o premio César Dios 'Diosiño' obtivérono ex aequo a Banda de Música La Unión de Lantaño e a Asociación Cultural Unión Musical de Meaño.
Relacionadas:
-
Alumnos do Instituto Frei Martín Sarmiento visitan o Parlamento Europeo invitados por Pepe Blanco
Por Redacción |
-
Os Novos Valores xa expoñen no edificio Sarmiento
Por Redacción |
-
Elena Colmeiro, Play-Doc, o Concello de Barro e as bandas de Meaño e Lantaño, Premios Provinciais á Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
Premios ao presente e o futuro da creación artística, a investigación e a cultura de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |