Amancio Prada, Ardebullo, Luís Emilio Batallán e Treixadura inician o circuíto de concertos provinciais
Por Redacción
O circuíto de concertos que pon en marcha a Deputación Provincial inclúe a 9 artistas e grupos que realizarán dende maio ata setembro actividades culturais que concellos de localidades pequenas non podían afrontar economicamente.
Amancio Prada; Luís Emilio Batallán; Menú do Día nas Prazas, un espectáculo de humor, debuxo e música protagonizado por Carlos Blanco, Luis Dávila e Budiño; Roi Casal; Treixadura; María do Ceo; ÿscar Ibáñez; Gustavo Almeida e As Cantareiras de Ardebullo realizarán estas actuacións en prazas e auditorios de varias vilas da provincia.
O programa iníciase o 11 de maio coa actuación das Cantareiras de Ardebullo en Ribadumia e en Ponteareas. O sábado 17, Luís Emilio Batallán ofrecerá un concerto en Forcarei e Caldas e Amancio Prada en Pontevedra. O artista de Ponferrada actuará en Vilagarcía o 21 de maio mentres que o mes se pechará coa actuación de Treixadura en Redondela.
Esta iniciativa conta cun presuposto de 150.000 euros e nace coa intención de promover a actividade cultural e de apoiar aos grupos e cantantes galegos que pasan por momentos difíciles debido á crise económica.