O Museo de Pontevedra, sala de concertos da man de Gustavo Almeida
Por Redacción
O circuito de concertos impulsado pola Deputación de Pontevedra con destacados músicos e grupos por distintas localidades pontevedresas convertirán o Museo Provincial en sala de concertos. Será o día 8 de agosto e o artista convidado, o cantante e compositor brasileiro Gustavo Almeida, que tamén actuará en Redondela e Vigo.
Segundo o calendario dado a coñecer este luns pola Deputación, os concertos reiniciaranse o vindeiro día 31 en Redondela coa actuación de Treixadura e terán actuacións en diversos municipios das comarcas de Pontevedra, O Salnés, Arousa e Umia.
En Caldas de Reis estará Luis Emilio Batallán o 17 de agosto; as Cantareiras de Ardebullo actuará en Ponte Caldelas o 1 de setembro; Treixadura dará concertos en Barrantes (6 de xuño) e Vilanova de Arousa (8 de agosto); Roi Casal irá a Sanxenxo o 24 de agosto; a fadista María do Ceo ofrecerá tamén un concerto en Vilanova de Arousa o 10 de agosto; e Oscar Ibáñez actuará en Moraña o 27 de xullo.
Ademais, Menú do Día (Budiño, o actor Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila) estarán en Marín o 7 de setembro e Milladoiro actuará en Sanxenxo en datas aínda sen determinar.
Relacionadas:
-
Amancio Prada conmemora o Día das Letras Galegas cun concerto en Pontevedra
Por Redacción |
-
Amancio Prada, Ardebullo, Luís Emilio Batallán e Treixadura inician o circuíto de concertos provinciais
Por Redacción |
-
Nove artistas e agrupacións ofrecerán ata setembro "case 50 actuacións" por toda a provincia
Por Diego Espiño |