O Museo convida á cidadanía a explorar a súa creatividade sacando á rúa 'A era das fábulas'
Por Oskar Viéitez
Este mércores o Museo de Pontevedra sacou 'A era das fábulas' ás rúas convidando a persoas de todas as idades a que explorasen a súa creatividade, coas obras de Manuel Moldes, Inês Zenha e Wassily Kandinsky.
Así, a praza de Curros Enríquez encheuse de caballetes con lenzos en branco, pinturas acrílicas, rotuladores, lapis, sorprendendo aos viandantes e animándolles a intervir sobre as obras expostas no Edificio Castelao.
Animáronse a participar persoas de todas as idades que tiveron a oportunidade de colorear o debuxo dunha obra da exposición, completar un cadro do que só podían contemplar a metade, ou ben pintar integramente una das obras exhibidas.
'A era das fábulas' é unha exposición en tres actos que vincula as coleccións de arte da Fundación María José Jove e de TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary cos fondos artísticos, arqueolóxicos e etnográficos do Museo de Pontevedra.
Pódese visitar ata o 29 de setembro no Edificio Castelao.