![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a81/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6698f3bf70-simona-and-luciano-hand-in-hand.png)
© Concello de Vilagarcía de Arousa
A ópera soará nas Festas de San Roque cun tributo a Pavarotti e a Montserrat Caballé
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As Festas de San Roque de Vilagarcía incluirán unha gala lírica que renderá homenaxe a dúas das máis grandes figuras da ópera de todos os tempos: Luciano Pavarotti e Monserrat Caballé.
A velada que protagonizarán a sobriña do tenor italiano e a filla da soprano española celebrarase o luns 19 de agosto, ás 22.30 horas, no parque da Xunqueira.
"Querida Montserrat, Querido Luciano" é o título do concerto tributo no que actuarán Montserrat Martí Caballé e Simona Todaro-Pavarotti, xunto con Luis Santana e a vilagarciá Dolores Crespo como artistas convidados. O acompañamento ao piano correrá da man de Víctor Carbajo.
Será un recital no que se interpretarán pezas de ópera e zarzuela cantadas en numerosas ocasións polos artistas cuxas voces resoaron nos mellores teatros do mundo, dende Sídney ata Roma, dende París a Nova York.
Dous grandes da ópera que foron un verdadeiro orgullo para Italia e España, dous países unidos como unidos estaban Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti polo cordón umbilical do canto.
Esta gala súmase aos concertos xa anunciados previamente, os de Guadi Galego (14 de agosto), Café Quijano (17 de agosto), Anni B Sweet (18 de agosto) e Antonio Carmona (20 de agosto).
Relacionadas:
-
Café Quijano protagonizará o concerto do sábado 17 de agosto en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Antonio Carmona, vocalista de Ketama, novidade das Festas de San Roque 2024
Por Anxo Lourido |
-
Anni B Sweet ofrecerá un dos concertos das Festas de San Roque en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Guadi Galego, primeiro concerto confirmado para as Festas de San Roque de Vilagarcía
Por Redacción |