Antonio Carmona, vocalista de Ketama, novidade das Festas de San Roque 2024
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/022/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6683d39821-a.jpg)
Por Anxo Lourido
Antonio Carmona é a nova incorporación aos artistas das Festas de San Roque 2024 en Vilagarcía de Arousa.
O cantante granadino subirase ao escenario do parque da Xunqueira o martes 20 de agosto ás 22.30 horas nun recital gratuíto.
Carmona, vocalista da histórica formación Ketama, ofrecerá o espectáculo 'Antonio Carmona en familia' recreando unha festa flamenca cos Habichuela enche de baile, forza e "duende".
Nos seus temas incorpóranse ritmos latinos e tamén sons máis actuais.
O compositor realizará un repaso aos éxitos de Ketama e tamén aos seus últimos temas. Entre as súas últimas colaboracións destacan as súas interpretacións con C. Tangana ou con Alex Cuba, no álbum 'Mendo', premiado como o mellor disco de pop latino nos Grammy 2022.
O concerto súmase aos xa confirmados polo Concello de Vilagarcía para estas festas: Guadi Galego, o mércores 14, e Anni B Sweet, o domingo 18 de agosto.
Relacionadas:
-
A ópera soará nas Festas de San Roque cun tributo a Pavarotti e a Montserrat Caballé
Por Redacción |
-
Café Quijano protagonizará o concerto do sábado 17 de agosto en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Anni B Sweet ofrecerá un dos concertos das Festas de San Roque en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Guadi Galego, primeiro concerto confirmado para as Festas de San Roque de Vilagarcía
Por Redacción |