Voices of New Jersey e a Coral Polifónica de Poio ofrecen un concerto conxunto
Por Redacción
O Mosteiro de San Xoán en Poio prepárase para unha actuación internacional durante este sábado 6 de xullo.
O coro norteamericano Voices of New Jersey compartirá escenario coa Coral Polifónica de Poio.
O acto forma parte dunha homenaxe que a cantante norteamericana de ascendencia galega María Balboa quere dedicar ao seu pai Leonardo, emigrante galego falecido en 2023 en Estados Unidos.
Leonardo contaba con moitos familiares en Poio, na parroquia de Samieira.
María Balboa decidiu que a mellor homenaxe para honrar o seu pai era organizar un concerto, xa que el era moi afeccionado á música e ao canto.
Desta forma reuniu aos dous coros nos que María Balboa canta, o Rise Up Chorus e o Highland Park Community Chorus coa idea de ofrecer este simbólico acto baixo o nome de 'Voices of New Jersey'.
Tamén viaxarán a Salamanca e Madrid, pero Poio é o único municipio onde participarán cun grupo local, neste caso a Coral Polifónica de Poio, dirixida por Sofía Taboada.
O recital comezará ás 18.00 horas con entrada libre ata completar a capacidade do recinto do Mosteiro de San Xoán.