![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9f7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6675a96276-001.jpg)
© Concello de Pontevedra
Recepción ao coro do IES A Xunqueira I, vencedor no concurso nacional de coros escolares
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/102/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6675a92738-002.jpg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9e0/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6675a98dc6-003.jpg)
© Concello de Pontevedra
A novena edición do Concurso Nacional de Coros Escolares volveu demostrar a calidade musical e artística do Coro do IES A Xunqueira I, que leva anos exhibindo o seu bo facer da man da súa directora María Luisa Sánchez González, fundadora da agrupación e que leva cinco anos consecutivos logrando chegar a esa final estatal.
Este venres, Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, acompañado por Demetrio Gómez, concelleiro de Educación e Cultura, felicitaban aos corenta estudantes que conforman o coro nunha recepción oficial no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA).
Ademais de lograr a vitoria no concurso, que lles proporciona unha dotación económica de 8.000 euros, Luisa Sánchez conseguía tamén unha mención especial á mellor dirección.
Durante a final incorporaron a lingua de signos a través dunha estudante a unha das pezas interpretadas.
"Eu quero agradecervos o voso traballo, e tamén aos responsables, a directora do coro e ás profesoras que adican tempo para que poidades ser mellores", indicaba Fernández Lores á agrupación agradecendo o esforzo e destacando a relevancia que este tipo de acontecementos teñen para Pontevedra.
O coro, formado principalmente por voces femininas, finalizaba o acto cunha interpretación musical no CITA.