Polo Correo do Vento ofrece en Campo Lameiro un espectáculo teatral sobre Luisa Villalta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Este sábado 8 de xuño ás 20.00 horas a Praza do Concello de Campo Lameiro acolle un espectáculo teatral sobre a figura da autora Luisa Villalta.
A Deputación de Pontevedra e o Concello de Campo Lameiro promoven esta montaxe que pon en escena Polo Correo do Vento como homenaxe á escritora, dramaturga e poeta que protagonizou os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas durante este ano.
A proposta escénica está destinada a público familiar baixo o título 'Tinta do mar: pequena biografía de Luisa Villalta'.
Durante a función, de acceso libre, van presentarse cancións con anécdotas e relatos relacionados coa vida e obra da escritora coruñesa.