Pontevedra súmase á celebración do Día de Rosalía cun recital poético no Teatro Principal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
177 anos cumpríronse este 24 de febreiro do nacemento de Rosalía de Castro. Unha efeméride que se celebrou en toda Galicia con numerosos actos institucionais e culturais. Baixo a denominación Día de Rosalía, entidades culturais, políticas e sociais reuníronse para recordar a figura da poetisa galega máis internacional.
Pontevedra tamén quixo celebrar a súa propia homenaxe. Foi a través dun recital poético, actividade enmarcada dentro do proxecto A memoria das mulleres. Tivo lugar no Teatro Principal e nel participaron Marta Dacosta, Lucía Novas e Olalla Cociña.
O acto, conducido pola concelleira da área de Muller e Benestar Social, Carmen Fouces, completouse coa actuación musical do grupo Adonairare.
Recital poético no Teatro Principal con motivo do Día de Rosalía
Pontevedra quixo celebrar a súa propia homenaxe a Rosalía de Castro, o día do seu 177 aniversario. Foi a través dun recital poético, actividade enmarcada dentro do proxecto A memoria das mulleres. Tivo lugar no Teatro Principal e nel participaron Marta Dacosta, Lucía Novas e Olalla Cociña
© Mónica Patxot