Concerto de Ara Malikian en Pontevedra con entradas desde 56 euros
Por Oskar Viéitez
O violinista Ara Malikian actuará en Pontevedra dentro da súa xira mundial.
Será o próximo 24 de febreiro no Auditorio de Afundación e a un prezo mínimo desde 56 euros a entrada.
Trátase dunha xira que, en palabras do propio artista, "é o resultado de ver crecer ao meu fillo, é o resultado do meu crecemento ao seu lado, son todos eses sons e melodías que tentan darlle forma ao que sentín e inspiroume del e da vida a través del. É un encontro co neno que non puiden ser e soñase ser".
O violinista español de orixe libanesa e ascendencia armenia explica que "esta xira está chea de dinosauros, luras robóticas, máquinas do tempo, pianos voadores e mimos bilingües, este disco é iso que eu esquecera e que é tan poderoso; a Maxia de atopar fascinantes cada día e cada senda, traian o que traian".