O xornalista Jesús Cintora ofrecerá unha charla no Edificio Castelao sobre 'Poder e xornalismo'
Por Redacción
O coñecido xornalista Jesús Cintora ofrecerá en Pontevedra unha conferencia baixo o título 'Poder e xornalismo' o martes 26 de decembro no Edificio Castelao do Museo, a partir das 19.00 horas, nun acto organizado polo Ateneo de Pontevedra.
Ademais, durante este acto Cintora presentará os seus libros 'No quieren que lo sepas' e 'La Conjura' onde investiga, opina e mostra un mapa da repartición do poder en España cun repaso narrativo que transcorre desde a súa infancia.
O xornalista avanza que na súa intervención lembrará que "o xornalismo é contar o que pasa. Parece sinxelo, pero vólvese complexo ou imposible cando se trata de xente poderosa. En España non se contou igual o que afecta a un cidadán medio que a un Xefe do Estado ou a un construtor como Florentino Pérez que ao meu avó, que era peón de albanel".
“No panorama mediático, en España foi habendo menos programas de investigación, de contar os problemas da cidadanía e, ao mesmo tempo, cada vez máis horas de programación de programas que conectan con festas de pobos, co paisano que colleita un tomate dun quilo, anciáns namorados, temas rosas, karaokes e cousas así", engade.
A entrada a este acto é libre ata completar a capacidade da sala do Edificio Castelao.
Relacionadas:
-
Ledicia Costas e Amaro Ferreiro experimentan no Museo coa palabra, a música e a luz
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
José María Arceu e José Benito García presentan os seus novos libros no Edificio Castelao
Por Anxo Lourido |
-
Cheo en Cronopios para escoitar o xornalista e escritor Jesús Cintora
Por Cristina Saiz |