Leilía e un emotivo 'deica logo' a Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/44d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/656ba1f414-20231202-saiz-recinto-ferial-culturgal-concierto-leilia-020.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e35/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/656ba1f495-20231202-saiz-recinto-ferial-culturgal-concierto-leilia-024.jpg)
© Cristina Saiz
Era unha das citas máis esperadas do Culturgal 2023.
O Pazo da Cultura de Pontevedra viviu este sábado, como colofón á segunda xornada da feira, o concerto co que a mítica banda Leilía dicía 'deica logo' ao público pontevedrés.
O recital de Leílía era un dos últimos previstos na súa xira de despedida dos escenarios despois de máis de 30 anos de traxectoria.
En Pontevedra as pandeireteiras Ana Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Rosario Rodríguez, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez repasaron a exitosa traxectoria que lles converteu en toda unha referencia para o folk galego.
Antes do concerto declararon ademais o orgullo que para elas supón "todo o tempo xuntas" sen terse desviado do seu obxectivo: "recuperar a tradición das aldeas e que todo o mundo coñecese o que era a tradición oral galega".
Concerto de Leilía no Culturgal 2023
A histórica formación musical galega ofreceu este sábado en Pontevedra, dentro da programación do Culturgal, un dos últimos concertos da súa xira de despedida dos escenarios tras máis de 30 anos de traxectoria
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Culturgal despide a súa edición de 2023 con máis de 10.000 visitantes
Por Redacción |
-
Culturgal desborda o Recinto Feiral mostrando a boa saúde da cultura galega
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Román Rodríguez enxalza o gran momento da industria cultural galega e a súa capacidade de adaptación aos novos formatos e hábitos de consumo
Por Noticia patrocinada |
-
Culturgal repasará o audiovisual galego analizando os éxitos de 'O Corno' e 'Matria'
Por Redacción |
-
Culturgal 2023 acollerá máis de 200 actividades nunha feira expansiva e con perspectiva de futuro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Leilía ofrecerá un dos últimos concertos da súa xira de despedida no Culturgal 2023
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |