Román Rodríguez enxalza o gran momento da industria cultural galega e a súa capacidade de adaptación aos novos formatos e hábitos de consumo
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou este venres 1 de decembro a 16ª edición de Culturgal, a Feira das Culturas Galegas que se celebra ata o domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra coa ollada posta na captación de públicos e no avance dos fitos culturais que protagonizarán o 2024 na nosa Comunidade. Na súa intervención, fixo especial fincapé na solidez e a competitividade da industria cultural galega, á que puxo como exemplo de modernización e capacidade de adaptación aos novos formatos e hábitos de consumo.
A Consellería destinará a este sector 105M€ nos Orzamentos de 2024, que volven medrar, especialmente no reforzo de fondos propios, e reclamou que o sector cultural precisa tamén do compromiso do Executivo central para garantir "un desenvolvemento innovador e competitivo nos vindeiros anos". Tal e como explicou, así o vén de trasladar esta semana nunha carta dirixida ao novo ministro de Cultura, Ernest Urtasun, na que reitera a importancia da elaboración dun PERTE para a cultura, que o seu antecesor non impulsou, para fortalecer e recoñecer o seu valor para a sociedade e o seu peso na economía.
Así mesmo, no relativo á lingua galega, tamén incidiu na necesidade de que, no marco do PERTE da Nova Economía da Lingua, se trasladen a Galicia os fondos necesarios para que o galego forme parte dos novos usos tecnolóxicos ou da intelixencia artificial ao mesmo nivel que calquera outra lingua co Proxecto Nós. "Esperamos que nesta nova etapa poidan axilizarse e concretarse estas inversións e outras que afectan aos nosos bens culturais e patrimoniais e que poidamos avanzar nun mellor futuro para Galicia", engadiu.
PRIORIDADES DA POLÍTICA CULTURAL
Román Rodríguez indicou que a estratexia da política cultural da Xunta continuará articulándose arredor do Plan Xeración Cultura, que en 2023 ten suposto unha inxección económica de 34 millóns de euros e do que avanzou algunhas das prioridades para o ano que vén: "Manter o crecemento do sector nun contexto de incremento da oferta e da demanda cultural, apostar pola modernización das estruturas empresariais e de creación para a adaptación da cultura galega aos novos contextos dixitais e usos tecnolóxicos, e, por suposto, seguir garantindo o acceso universal á cultura e impulsando o talento".
Entre as principais medidas ao respecto salientou, por exemplo, o desenvolvemento do pioneiro Centro Galego de Artes Dixitais e da Galicia Film Commission, a próxima aprobación da Lei de Cultura Accesible e Inclusiva ou as actuacións do Plan Catedrais. Neste marco, animou o público a acudir a esta 16ª edición de Culturgal para coñecer de primeira man as novidades da oferta cultural galega dos vindeiros meses e gozar dos espectáculos, presentacións, exposicións e demais experiencias programadas.
CONCERTOS, EXPERIENCIAS VIRTUAIS E VIDEOXOGOS
A Xunta de Galicia repite como principal entidade patrocinadora da feira, coa que tamén colabora mediante a promoción directa dunha trintena de actividades tanto no expositor institucional que quedou instalado no recinto feiral como noutros espazos comúns de Culturgal.
Entre elas, o concerto da xira de despedida de Leilía este sábado ás 21,00 h., as presentacións de diferentes iniciativas autonómicas de promoción cultural, as experiencias de realidade virtual e aumentada Galiverso. O vello Portomarin e Hábitats Natureza Estendida, a exposición interactiva sobre o videoxogo en Galicia ou a competición diaria de tres videoxogos galegos: Super Woden GP, de Vijuda, xogo de rallies para gamers en xeral; Avoo, de Iseltec, un trivial interxeracional para toda a familia, e Grelo, de Colectivo Arume, unha proposta de obstáculos na que poden participar todos os públicos.
En concreto, a actividade promovida pola Xunta do venres arrancou coa entrega dos premios Nós tamén creamos! para alumnado de Infantil e Primaria e co anuncio da xira de Nadal dos Bolechas. Tras a inauguración oficial de Culturgal, tivo lugar o avance das actividades que marcarán a celebración do 40º aniversario do Centro Dramático Galego, ao que seguiu unha acción escénica a cargo de Teatro ó Cubo coa proposta teatral De Vilatriste a Vilalegre.
Xa pola tarde, o Espazo Música acollía ás 16,00 horas a presentación das propostas seleccionadas este ano no Programa de Residencias Artísticas do Gaiás, e ás 17,00 h un coloquio arredor da primeira edición da aceleradora Sonemerxente para proxectos musicais, da que se avanzarán as novas incorporacións para 2024. O público puido gozar, así mesmo, dun showcase a cargo de Helena Egea, unha das artistas seleccionadas na primeira edición desta iniciativa da Xunta, coa colaboración da Fundación Paideia.
O Espazo Escena foi ás 18,00 h o escenario para un encontro cos gañadores do Premios Xuventude Crea, mentres que no Espazo Infantil tivo lugar a presentación dos últimos videoclips de Cholo e Nela ás 19,00 h. A actividade preparada para a xornada inaugural completouse co recital poético-musical DES A MAR Ultrasónico, no que Álvaro Iglesias pon melodía aos versos de Elba Pedrosa, ás 19,00 h no Espazo Letras.
Toda a programación da Xunta de Galicia en Culturgal poden consultarse en cultura.gal.
PROGRAMACIÓN VENRES 1 DE DECEMBRO
Entrega dos Premios Nós tamén creamos!
Entrega dos premios do concurso de videoclips convocado para centros de titularidade pública. Participa alumnado desde 4º de primaria.
Espazo Cine
11,00 h
Presentación da Xira de Nadal de Os Bolechas
Stand da Xunta de Galicia
11,30 h
Galiverso, O vello Portomarín
Experiencia de realidade virtual que amosa un paseo pola vila luguesa antes de ser asolagada polo embalse de Belesar.
Aula 4
12,00-14,00 h e 16,00 h a 20,00 h
Hábitats Natureza Estendida
Combinación de realidade virtual e aumentada na catarata de Yumbilla en Perú.
Aula 7
12,00-14,00 h e 16,00 h a 20,00 h
40º aniversario do Centro Dramático Galego. Avance das actividades que marcarán 2024
Avance das actividades que marcarán en 2024 a celebración de catro décadas da fundación da compañía de teatro institucional galega
Espazo Escena
13,30 h
Residencias artísticas do Gaiás
Presentación de propostas seleccionadas no Programa de Residencias Artísticas do Gaiás
Espazo Música
16,00 h
Aceleredora musical Sonemerxente
Coloquio con representantes da organización e artistas participantes na aceleradora para proxectos musicais da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia en 2023 e das novas incorporacións para 2024. Ao remate, showcase de Helena Egea, seleccionada na primeira edición.
Espazo Música
17,00 h
Encontro cos gañadores dos Premios Xuventude Crea
Espazo Escena
18,00 h
Últimos videoclips de Cholo e Nela
Espazo Infantil
19,00 h
DES A MAR Ultrasónico
Álvaro Iglesias recrea en melodías os poemas de Elba Pedrosa. Recital poético e musical.
Espazo Letras
19,00 h
PROGRAMACIÓN SÁBADO 2 DE DECEMBRO
Exposicións Museo Centro Gaiás
Presentación das exposicións "Barreiro. O silencio que chove luz na xanela", "Hábitats. Natureza Estendida" e "Cidades no tempo"
Espazo Arte
12,00 h
Visita guiada á exposición de videoxogos
Visita de 30 minutos á exposición, impartida polo Museo do Videoxogo de Galicia
Espazo Videoxogos
12,00 h e 17,00 h
Galiverso, O vello Portomarín
Experiencia de realidade virtual que amosa un paseo pola vila luguesa antes de ser asolagada polo embalse de Belesar.
Aula 4
12,00-14,00 h e 16,00 h a 20,00 h
Hábitats Natureza Estendida
Combinación de realidade virtual e aumentada na catarata de Yumbilla en Perú.
Aula 7
12,00-14,00 h e 16,00 h a 20,00 h
OrquestraMalabar#3, Pista Catro Produtora de Soños
Performance a cargo da compañía Pistacatro na que se suceden tres rutinas en pequeno formato
Stand da Xunta de Galicia
12,30h, 13,30 h, 17,30h e 18,30h
Diagnose da Industria Musical de Galicia
Elaborado pola Asociación Galega de Empresas Musicais co apoio da Xunta de Galicia
Espazo Música
13,00 h
LUGH! Territorios luminosos
Xogos en familia, avance dos xogos que se desenvolverán no Museo Centro Gaiás
Aula 1
De 12,00 a 13,30 h
Obradoiro de música tradicional + concerto didáctico
Grupo de Música Tradicional da Xunta de Galicia
Espazo Infantil
16,00 h
3,2,1 Artistas en acción, CGAC
Espazo Arte
17,00 h e 18,30 h
Presentación catálogo exposición René Heyvaert
Espazo Arte
19,00 h
Facultade de Belas Artes-CGAC: unha colaboración permanente
Espazo Arte
19,30 h
Concerto Leilía
Formando parte da xira de despedida de Leilía, "Anque me vou non me vou"
Auditorio do Pazo da Cultura
21,00 h
PROGRAMACIÓN DOMINGO 3 DE DECEMBRO
Galiverso, O vello Portomarín
Experiencia de realidade virtual que amosa un paseo pola vila luguesa antes de ser asolagada polo embalse de Belesar.
Aula 4
12,00-14,00 h e 16,00 h a 20,00 h
Hábitats Natureza Estendida
Combinación de realidade virtual e aumentada na catarata de Yumbilla en Perú.
Aula 7
12,00-14,00 h e 16,00 h a 20,00 h
Joshua Kenneth, Maxia de preto
Sesións de maxia en familia co mago gañador no 2023 do Premio Frakson, galardón que se outorga ao mellor ilusionista de escena de España
Stand da Xunta de Galicia
12,30h e 13,30h
Atenea García, Narración oral para pequenas e maiores
Sesións de contacontos tradicionais para desfrutar con toda a familia
Stand da Xunta de Galicia
17,30 h e 18,30 h
Pequefilmes
Proxección de tres curtas gañadoras da edición deste ano do festival de cinema miúdo da Cidade da Cultura
Aula 1
18,30 h
Relacionadas:
-
Culturgal despide a súa edición de 2023 con máis de 10.000 visitantes
Por Redacción |
-
RADIO.- As aulas de infantil tamén inspiran contos e escríbeos a pontevedresa Victoria García
Por Marisa Ciordia |
-
Leilía e un emotivo 'deica logo' a Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Culturgal desborda o Recinto Feiral mostrando a boa saúde da cultura galega
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |