Pontevedra Viva!

Pablo Cacheda de Paz

Natural de Pontevedra.

Formado na Escola de Imaxe e Son de A Coruña, completando os seus estudos de Imaxe con outros cursos especializados de Montaxe, Guión ou SteadyCam.

Dende o ano 2009 alterna traballos en diferentes productoras e como freelance como técnico de imaxe, coa realización de curtametraxes de ficción.

"Momentos captados dunha realidade xa inexistente" é a primeira delas, á que seguirá "A Estadea", "Aquí ha Gato" (gravada íntegramente en Portugal) e "Unhas clases do social a tempo".

Esta última dará lugar á webserie "Clases de lo Social", que está na súa segunda temporada.