Pontevedra Viva!

Noelia Torres Pintos

Nacín fai vinteún anos en Pontevedra, e aquí vivo desde entón. Actualmente atópome rematando o Grao en Publicidade e Relacións Públicas, e máis adiante gustaríame completar a miña formación no campo da fotografía e a organización de eventos.

Xa desde pequena me gustaba facer fotos, ler e escribir, gañando algúns premios de debuxos e relatos infantís. Teño facilidade para os idiomas, e poseo o Título First (FCE) por Cambridge. As miñas afeccións teñen moito que ver co eido artístico: fotografía, música, pintura, danza, cine...

Non me gusta posar para as fotos pero encántame facerllas aos demáis. Gústame escribir pero tamén locutar, e descubrín que a radio é un medio no que me sento moi cómoda. A miña filosofía vital é sinxela: observar, saber un pouco de todo e sempre intentar aprender cousas novas.