Pontevedra Viva!

Daniel Froiz

Produtor cinematográfico. Dende 1999 dedícase á produción audiovisual en televisión, cine, publicidade e animación. Creador de Matriuska Producciones no ano 2005.

Matriuska Producciones é unha empresa produtora pontevedresa que impulsou a produción de curtametraxes e longametraxes de novos directores galegos como Mario Iglesias, Fernando Cortizo ou Ángel Santos. Matriuska leva producidos unha decena de longametraxes de ficción e documentais, colleitando seleccións e premios en festivais como Tokyo, San Sebastián, Seminci, Roma ou Ourense.

Da súa filmografía destacan De bares, Relatos ou Jazz en libertad.

Daniel Foriz tamén exerceu como produtor executivo en películas da categoría de Vilamor de Ignacio Vilar, que obtivo dous premios no Festival de Nova York.