Unha sentenza obriga a pagar ao Concello máis de 850.000 euros por un terreo expropiado na contorna do Gafos
Por Redacción
Punto final no caso da expropiación dun terreo situado na contorna do río Gafos na zona do Gorgullón, tras os apartamentos turísticos. Anabel Gulías, portavoz do goberno local, informaba este luns da sentenza do Tribunal Supremo que conclúe o litixio iniciado en 2018.
O caso remóntase á expropiación do Concello de Pontevedra deses terreos atendendo ao prezo de taxación establecido polo Xurado de Expropiación de Galicia que consideraba como prezo xusto a cantidade de 14.377, 79 euros. Os dous propietarios entendían que a cantidade que debían recibir por ese espazo elevábase a 2.669.000 euros. Ao non chegar a acordo, o tema terminou nos tribunais.
A sentenza inicial do Tribunal Superior de Galicia estimaba que o prezo da parcela era de 853.914 euros, pero este cifra non satisfacía a ningunha das partes. Os propietarios demandantes consideraban que o prezo era superior pola edificabilidade da zona e o Concello, pola súa banda, sinalaba que debido á tipoloxía do chan, que é rural aínda que parcialmente urbanizado, debía ser menor.
As dúas partes presentaron recursos de casación ante o Tribunal Supremio e este luns dábase a coñecer a sentenza: desestima os dous recursos e condena a cada unha das partes para pagar costas por un valor de mil euros.
Segundo explicou Anabel Gulías, a parcela atópase incorporada ao patrimonio municipal pero aínda non se realizaron actuacións nela á espera de que finalizase este proceso. Agora o Concello terá que pagar a cantidade de 853.914 euros, á que haberá que sumas os intereses desde o inicio do procedemento xudicial.
Relacionadas:
-
Piden a expropiación dunha leira no Gorgullón por 2.669.000 euros e o xurado acorda darlle só 14.377
Por Redacción |
-
Pontevedra incorpora unha nova parcela ao parque do Gafos
Por Redacción |
-
O Concello "debe cero euros" aos propietarios do terreo 'usurpado' no Gafos
Por Natalia Puga |
-
O Concello, obrigado a expropiar unha parcela próxima ao Gafos que non lle interesa
Por Alejandro Espiño |